Novas
contenedores_n

O BNG do Saviñao propón no Pleno melloras para o contrato de recollida do lixo e limpeza

Todos os veráns temos a mesma problemática co servizo de recollida de lixo e limpeza viaria: falta de limpeza, prazas e parques cheos de lixo, contentores cheos a rebosar durante días, contentores rotos...

Por todo esto o BNG do Saviñao propón as seguintes alternativas á hora de negociar o próximo contrato do lixo no ano 2019

Que se contemple o baldeo e limpeza das beirarrúas para o próximo contrato do lixo .

Que se contemple o aumento da periodicidade da recollida do lixo no rural nos meses de verán.

Que se mellore e renove a dotación de contentores en todo o Concello.

Ler novas
pediatra

O BNG DO SAVIÑAO DEMANDA QUE SE CUBRA A PRAZA DA PEDIATRA DO CENTRO DE SAUDE DE ESCAIRÓN

Na actualidade, a pediatra adscrita ao Centro de Saúde de Escairón ven de coller unha baixa de maternidade, polo que calculamos non se reincorporará ata finais de 2018.
A praza non foi cuberta por ningún outro profesional, polo que neste momento máis de 200 nenos e nenas do Saviñao carecen dunha cobertura necesaria para o seu desenrolo, o que ocasionará ter que acudir ao Centro de Saúde de Monforte, xa de por si masificado,  ou aos médicos de cabeceira que lles correspondan ás familias.
Desde o BNG do Saviñao cremos que son intolerábeis a falta de medios e de recursos sanitarios que se están a producir, polo que lle demandamos á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde que cubra a praza de pediatría do Centro de Saúde de Escairón no menor tempo posible, para garantizar o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os nenos e nenas do Saviñao.

Ler novas
fenosa

O goberno municipal debe liderar as reclamacións dos afectados polo temporal perante as eléctricas

Desde o BNG do Saviñao instamos ao goberno municipal do PP a que lidere as reclamacións dos afectados e afectadas polo temporal diante das compañías eléctricas correspondentes, que viron como nos últimos días perdían electrodomésticos polas subidas de tensión ou perderon os alimentos dos frigoríficos ou dos conxeladores por non ter luz eléctrica. Isto supón un grave contratempo económico para moitos veciños e veciñas que terán que afrontar nos próximos días gastos cos que non contaban. Alguén ten que pagar por esta desfeita e desde o BNG non nos resignamos a que sexan os de sempre os que paguen o pato.

Ler novas