O BNG do Saviñao reclama elaboración dun roteiro cultural baseado nos estudos sobre o patrimonio megalitico do Saviñao de Antón Fraguas
As letras galegas do 2019 están adicadas a Antón Fraguas que foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.
Antón Fraguas estivo en 1929 como membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Seminario de Estudos Galegos en Lamaquebrada estudando as mámoas e os castros do Saviñao, publicando traballos sobre o tema.
“Vista a importancia destos estudos, e que poden ser unha oportunidade para dar a coñecer o noso patrimonio histórico e cultural e para involucrar á veciñanza na súa conservación e a xeración dun recurso turístico sostible desde o BNG do Saviñao propoñemos crear un roteiro cultural baseado nos estudos que realizou Antón Fraguas no Saviñao” di a concelleira do BNG Antía Nieves, “ademais queremos que se ofreza á veciñanza do Saviñao, aos centros de ensino e aos visitantes que o demanden a posibilidade de facer este roteiro con guías especializados que poñan en valor o noso patrimonio”