O BNG pregunta na deputación por que non se convidou a ningunha empresa do Saviñao para a concesión do Club Nautico de Belesar.

belesar
belesar
O BNG pregunta na deputación por que non se convidou a ningunha empresa do Saviñao para a concesión do Club Nautico de Belesar.

Despois de semanas esperando para acceder á información do expediente de contratación sobre a explotación do Club Náutico de Belesar, situado no concello do Saviñao, o BNG denuncia que ningunha empresa do concello foi tida en conta para explotar este local público.

Hai meses procedeuse por parte da Deputación á concesión da explotación do Club Náutico de Belesar a unha persoa que previamente o solicitara, sen que mediara ningún tipo de publicidade ou concurso público de ofertas para a súa adxudicación.

Dado o interese que distintas persoas e empresas do sector da zona tiñan en participar neste proceso dende o Grupo do Bloque Nacionalista Galego na Deputación de Lugo fixemos preguntas no pleno celebrado hoxe sobre por que non se fixo un procedemento aberto e público? Por que falta documentación de ofertas no expediente administrativo? E Por que non se convidou a ningunha persoa do Saviñao a este negociado?

Logo da resposta dada desde o goberno da Deputación podemos afirmar que desde o PSOE están mentindo de forma descarada, porque coñecemos persoas do Saviñao que se puxeron en contacto con persoal da deputación interesándose pola xestión do local e que logo non foron invitadas ao proceso.

Ademais tamén queremos evidenciar o estado de abandono que sufren as instalacións desde semana santa, xa que o desmantelamento da terraza e que os aseos estean pechados ás usuarias dos catamarans non debería ser a imaxe que dan unhas instalacións públicas polas que pasan miles de turistas na tempada de verán.

O BNG pregunta na deputación por que non se convidou a ningunha empresa do Saviñao para a concesión do Club Nautico de Belesar.