INSTAMOS AO ALCALDE A POÑER A DISPOSICIÓN DOS VECIÑOS E VECIÑAS UNHA OFICINA PARA CANALIZAR AS RECLAMACIÓNS PERANTE AS EMPRESAS ELÉCTRICAS

Reclama, que a desfeita de FENOSA non quede impune

fenosa

Desde o BNG do Saviñao instamos ao goberno municipal do PP a que lidere as reclamacións dos afectados e afectadas polo temporal diante das compañías eléctricas correspondentes, que viron como nos últimos días perdían electrodomésticos polas subidas de tensión ou perderon os alimentos dos frigoríficos ou dos conxeladores por non ter luz eléctrica. Isto supón un grave contratempo económico para moitos veciños e veciñas que terán que afrontar nos próximos días gastos cos que non contaban. Alguén ten que pagar por esta desfeita e desde o BNG non nos resignamos a que sexan os de sempre os que paguen o pato.

Instamos ao alcalde a que constitúa una oficina onde os veciños e veciñas poida efectuar as súas reclamacións ou a poña a disposición das compañías das eléctricas para que dean a cara perante os veciños e veciñas do Saviñao, xa que estas grandes empresas, como Gas Natural Fenosa, son empresas sen rostro, sen oficinas na localidade, cuxa única relación que teñen cos seus clientes é a través do banco para cobrar puntualmente as súas facturas.

Como é moi probábel que o goberno municipal non faga nada ao respecto, desde o BNG poñemos a disposición de todos os veciños e veciñas un modelo de reclamación que adxuntamos para presentar perante as compañías ou oficinas de consumo que podes descargar nesta páxina.

Neste sentido, desde o BNG do Saviñao criticamos tamén o servizo que prestan estas grandes empresas, cuxos clientes se ven impotentes, xa non a reclamar, senón ao simple feito de avisar dunha avaría. Foron moitos os veciños e veciñas que se toparon coas voces pre-gravadas destas empresas sen poder canalizar as avarías, ralentizando, polo tanto, a solución aos seus problemas de subministro, o que demostra que a política de recortes e de primar os beneficios por enriba do servizo, que tamén se dá nas empresas privadas, dá pésimos resultados, especialmente para que sofre as consecuencias

Reclama, que a desfeita de FENOSA non quede impune