O BNG do Saviñao denuncia que a pista de padel de Escairón leva un mes fora de servizo.

20180627_172733
20180627_172733
O BNG do Saviñao denuncia que a pista de padel de Escairón leva un mes fora de servizo.

O BNG do Saviñao  xa reclamou no pleno celebrado o 12 de xuño que se arranxara a pista, xa que hai moitos usuarios e usuarias que teñen que desplazarse fora do Saviñao para poder practicar este deporte.

As chuvias de finais de maio despegaron o pavimento da pista de padel de Escairón quedando inutilizada, pasado un mes da inundación, vemos como o goberno do PP ainda non moveu un dedo para arranxala, moi na súa liña política de facer inversións para logo non facerlle o mantemento adecuado.

Chega o mes de xullo, e o concello ofrece nas actividades de verán clases de padel pero non ten a pista en condicións para xogar.

O BNG do Saviñao denuncia que a pista de padel de Escairón leva un mes fora de servizo.