O BNG LEVA ANOS INTENTANDO QUE O CONCELLO DO SAVIÑAO INICIE OS TRÁMITES DE DECLARACIÓN DE ENIL (ESPAZO NATURAL DE INTERESE LOCAL) COMO MEDIDA DE PROTECCIÓN DA DEVESA.
O BNG do Saviñao denuncia o abandono da Devesa de Escairón por parte do concello.
O pasado sábado un carballo centenario da Devesa de Escairón partiuse á metade por causa da tormenta, os castiñeiros da Devesa están infectados pola avispilla. Que máis ten que pasar para que o Concello do Saviñao se poña a traballar na súa defensa? Pregúntase Antía Nieves, portavoz do BNG no Saviñao.

A Devesa é un lugar con arbores centenarias, e de interés ambiental, unha mixtura de souto e carballeira formado por diversas especies de árbores, que até hoxe foi mimado, coidado e é orgullo da comarca e de todos os amantes do bosque autóctono, un lugar que sen dubida algunha debería estar protexido e declarado de interés botánico e cultural.
A Devesa non é un ben repoñibel con diñeiro, as bóvedas arbóreas que amparan aos seus visitantes recordan ás dunha catedral, ademais é un lugar de encontro e de ocio para os veciños e veciñas do Saviñao.
A degradación que está sufrindo débese ao desinterese por parte do Concello, non se planifica o mantemento, non se realizan as podas necesarias, etc.
O BNG espera que no futuro inmediato, o governo do Saviñao pense en facer un ambicioso plan de conservación da Devesa de Escairón, que se contacte con expertas e especialistas e que se inicien os trámites para declarala ENIL tal como se acordou nun pleno en maio de 2007.