O BNG do Saviñao demándalle ao alcalde que se poña a traballar para que a residencia sexa unha realidade
Ademais o BNG pídelle a PP e PSOE que deixen a un lado os intereses partidistas e desbloqueen o proxecto de Residencia e Centro de Día.
O BNG DO SAVIÑAO DEMANDA QUE SE CUBRA A PRAZA DA PEDIATRA DO CENTRO DE SAUDE DE ESCAIRÓN
Na actualidade, a pediatra adscrita ao Centro de Saúde de Escairón ven de coller unha baixa de maternidade, polo que calculamos non se reincorporará ata finais de 2018.
A praza non foi cuberta por ningún outro profesional, polo que neste momento máis de 200 nenos e nenas do Saviñao carecen dunha cobertura necesaria para o seu desenrolo, o que ocasionará ter que acudir ao Centro de Saúde de Monforte, xa de por si masificado, ou aos médicos de cabeceira que lles correspondan ás familias.
Desde o BNG do Saviñao cremos que son intolerábeis a falta de medios e de recursos sanitarios que se están a producir, polo que lle demandamos á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde que cubra a praza de pediatría do Centro de Saúde de Escairón no menor tempo posible, para garantizar o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os nenos e nenas do Saviñao.
O BNG denuncia que a Xunta recorta nun 64% os fondos para arranxo de pistas no Saviñao.
O Saviñao pasou de recibir 107.450 euros no ano 2016 a 38.685,50 euros no ano 2017 porque o PP decidiu quitar os fondos europeos.