O BNG do Saviñao rexeita no pleno a proposta de 3 dedicacións exclusivas para o PP.
A proposta do PP costaralle aos veciños e veciñas do Saviñao ao redor de 100.000 euros ao ano.
O día 9 de xullo celebrouse en Escairón o denominado pleno de organización, primeiro pleno da lexislatura e no que se tratan os temas organizativos: delegacións das concellerías, nomeamento das tenencias de alcaldía, composición da xunta de goberno, así como a retribución dos concelleiros e concelleira con dedicación exclusiva ou as dietas a percibir por asistencias a plenos e comisións.
A respecto das dedicacións exclusivas o BNG votou en contra da proposta da alcaldía:
Joaquín González, terá una dedicación parcial dun 90% e percibirá 2481,70 mensuais e 14 pagas.
Beatriz Rois, percibirá 1400 mensuais e 14 pagas
Jorge Rodríguez, percibirá 1300 mensuais e 14 pagas
A estas cantidades faltaría sumarlle a parte da seguridade social que ten que pagar o Concello, sendo o total do gasto ao redor de 100.000 ao ano.
O BNG do Saviñao levaba no seu programa electoral que un concello coma o noso debería ter unha soa dedicación exclusiva para o alcalde, por eso votamos en contra da proposta.
Ademáis tamén votamos en contra da proposta de 90 de dieta por asistencia ás sesión do pleno e comisión de contas e a de 150 por asistencia á Xunta de Goberno Local por consideralas excesivas dada a crise económica que estamos a sufrir.
O BNG cree que na situación económica actual os grupos políticos teñen que dar exemplo, e despois das continuas subidas de impostos ás que nos someteu o PP no Saviñao no é de recibo este despilfarro de cartos públicos.