O BNG do Saviñao reclama a dotación de saneamento para a rúa Cima de Vila de Escairón.
“É tan difícil de crer que vivindo no centro urbano de Escairón, pagando IBI de máis de 800 €, estas casas carezan dun servizo tan básico e esencial en pleno século XXI” declarou a concelleira do BNG Antía Nieves
O BNG do Saviñao propón no Pleno melloras para o contrato de recollida do lixo e limpeza
Todos os veráns temos a mesma problemática co servizo de recollida de lixo e limpeza viaria: falta de limpeza, prazas e parques cheos de lixo, contentores cheos a rebosar durante días, contentores rotos...
Por todo esto o BNG do Saviñao propón as seguintes alternativas á hora de negociar o próximo contrato do lixo no ano 2019
Que se contemple o baldeo e limpeza das beirarrúas para o próximo contrato do lixo .
Que se contemple o aumento da periodicidade da recollida do lixo no rural nos meses de verán.
Que se mellore e renove a dotación de contentores en todo o Concello.