O BNG do Saviñao vota en contra do orzamento municipal 2019 por continuista e conservador.

pleno orzamentos
pleno orzamentos
O BNG do Saviñao vota en contra do orzamento municipal 2019 por continuista e conservador.

O grupo do PP presentou o súa proposta de orzamento a debate neste pleno ordinario de 2 de abril  donde a portavoz do BNG, Antía Nieves, argumentou que “os orzamentos que se presentan son continuistas e conservadores e ademáis teñen grandes carencias en inversión, melloras dos servizos sociais e reactivación da economía do concello, por esto teñen o voto en contra do BNG”

En primeiro lugar, a portavoz nacionalista, reprochoulle ao PP que un goberno  con maioría absoluta non pode traer a debatir os orzamentos ao pleno con máis de tres meses de atraso.

E despois foi desgranando punto por punto a proposta de orzamento:

GASTOS SAVIÑAO 2019

AXUDA NO FOGAR

             800.000,00 €

PERSOAL

             547.543,00 €

TRABALLOS REALIZADOS POR OUTRAS EMPRESAS (FCC, Sogama, mantemento alumeado, abastecemento e saneamento...)

             351.000,00 €

ELECTRICIDADE

             310.500,00 €

OUTROS GASTOS

             150.550,54 €

INVERSIONS

             140.250,00 €

OUTRAS INVERSIONS

             130.250,00 €

CULTURA E DEPORTE

               59.000,00 €

GARDERIA

               50.000,00 €

FESTAS

               45.000,00 €

LIMPEZA E ASEO

               32.000,00 €

COMBUSTIBLES

               30.500,00 €

MATERIAL INFORMATICO

               27.000,00 €

TELEFONO E TELECOMUNICACIONS

               15.000,00 €

TOTAL

          2.688.593,54 €

 

Gastos de personal, dos 547.543,50 que se presupostan o 20% corresponde ás 3 dedicacións exclusivas dos concelleiros do PP.

Aparecen consignados 351.000 € en partidas denominadas “traballos realizados por outras empresas”, nas que se inclúen os contratos da recollida do lixo, Sogama, o mantemento do alumeado público, o mantemendo do saneamento e abastecemento de auga, o mantemento informático etc.

388.000€ vanse en pagar recibos de luz,gasóleo, teléfono, limpezas, etc, e 104.000 son os que están presupostados para cultura, deportes e festas.

En inversións reais, só están presupostados 140.250€ o que corresponde cun 4.9% do orzamento.

Do presuposto total do concello 2.856.050,41€ o PP prevé gastar 2688.593,54€ quedando un superávit de 167.456,87€.

A existencia de superávit ou remanentes de tesourería non é equivalente a unha boa xestión económica, os cartos públicos hai que xestionalos para paliar as necesidades dos veciños e as veciñas.

Un concello como O Saviñao, que ten unha poboación moi envellecida e coas pensións máis baixas do estado ten que facer un esforzo inversor maior en servizos sociais, aumentar a asistencia a domicilio, partidas contra a pobreza enerxética, axudas a familias con persoas con alzheimer, etc.

Tampouco hai ninguna partida para a promoción do emprego, para a promoción dos sectores productivos, do comercio local, do turismo

E despois os 140.250 € previstos para inversión parécennos moi escasos, só hai que ver o estado das pistas municipais para saber que non van chegar a nada.

Tamén falamos de transparencia e participación, da necesidade de abrir as subvencións a todas as asociación do concello, bolsas de estudo, bolsas de transporte e de descentralizar as actividades que realiza o concello para achegalas as parroquias.

O BNG do Saviñao vota en contra do orzamento municipal 2019 por continuista e conservador.