O BNG do Saviñao denuncia o abandono da Devesa de Escairón por parte do concello.
O pasado sábado un carballo centenario da Devesa de Escairón partiuse á metade por causa da tormenta, os castiñeiros da Devesa están infectados pola avispilla. Que máis ten que pasar para que o Concello do Saviñao se poña a traballar na súa defensa? Pregúntase Antía Nieves, portavoz do BNG no Saviñao.
O BNG DO SAVIÑAO DEMANDA QUE SE CUBRA A PRAZA DA PEDIATRA DO CENTRO DE SAUDE DE ESCAIRÓN
Na actualidade, a pediatra adscrita ao Centro de Saúde de Escairón ven de coller unha baixa de maternidade, polo que calculamos non se reincorporará ata finais de 2018.
A praza non foi cuberta por ningún outro profesional, polo que neste momento máis de 200 nenos e nenas do Saviñao carecen dunha cobertura necesaria para o seu desenrolo, o que ocasionará ter que acudir ao Centro de Saúde de Monforte, xa de por si masificado, ou aos médicos de cabeceira que lles correspondan ás familias.
Desde o BNG do Saviñao cremos que son intolerábeis a falta de medios e de recursos sanitarios que se están a producir, polo que lle demandamos á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde que cubra a praza de pediatría do Centro de Saúde de Escairón no menor tempo posible, para garantizar o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os nenos e nenas do Saviñao.