bng
Novas
pediatra

O BNG DO SAVIÑAO DEMANDA QUE SE CUBRA A PRAZA DA PEDIATRA DO CENTRO DE SAUDE DE ESCAIRÓN

Na actualidade, a pediatra adscrita ao Centro de Saúde de Escairón ven de coller unha baixa de maternidade, polo que calculamos non se reincorporará ata finais de 2018.
A praza non foi cuberta por ningún outro profesional, polo que neste momento máis de 200 nenos e nenas do Saviñao carecen dunha cobertura necesaria para o seu desenrolo, o que ocasionará ter que acudir ao Centro de Saúde de Monforte, xa de por si masificado,  ou aos médicos de cabeceira que lles correspondan ás familias.
Desde o BNG do Saviñao cremos que son intolerábeis a falta de medios e de recursos sanitarios que se están a producir, polo que lle demandamos á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde que cubra a praza de pediatría do Centro de Saúde de Escairón no menor tempo posible, para garantizar o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os nenos e nenas do Saviñao.

Ler novas
Mocións no Pleno
20170817_203716

O BNG RECLAMA A LIMPEZA E BALDEO DA PRAZA MAIOR E A SÚA CONTORNA TRALAS FESTAS PATRONAIS

O BNG RECLAMA A LIMPEZA E BALDEO DA PRAZA MAIOR E A SÚA CONTORNA TRALAS FESTAS PATRONAIS

 

Un unha vez máis, dende o BNG vémonos da obrigar de reclamar ao goberno do PP que limpe o pobo tralas festas. Pasaron máis de 10 días das Festas Patronais de Escairón e a praza maior e os arredores segue sen estar limpa. Lonxe da insalubridade  que isto trae, achamos que tamén é un perigo, especialmente para os nenos que xogan na praza, xa que os cristais rotos non foron retirados  co conseguinte problema de cortes e lesións.

 

Di moito da xestión que fai o Partido Popular no Concello do Saviñao o tema da limpeza, xa que é famosa pola súa ausencia. Xa o ano pasado o BNG denunciou esta mesma situación tralas festas, así como a limpeza de diversos puntos do Concello durante todo o ano. É unha vergonza que teñamos que reclamar algo tan básico e necesario como a limpeza.

 

No vindeiro pleno o BNG reclamará ao concello que limpe e baldee a praza Maior e os seu arredores, así como a retirada de cristas, agardando que o fagan e non ter que volver a facer de novo este tipo de peticións.

Ler novas