O BNG SOLICITA O ARRANXO DO ACCESO AO CEMITERIO DE CURRELOS

IMG_20170629_202001
IMG_20170629_202001
O BNG SOLICITA O ARRANXO DO ACCESO AO CEMITERIO DE CURRELOS

O camiño que da acceso ao cemiterio de Currelos presenta un estado deplorable.
Ademais dos baches, xusto na entrada do mesmo hai restos de lixo e cascallos que impactan negativamente
no entorno.
Por todo iso, o Grupo do BNG, solicita:
1. Que se proceda ao arranxo de dito camiño coa maior brevidade posible.
2. Que se proceda á retirada e traslado do lixo e cascallos que hai no entorno da entrada ao
cemiterio