"Mentres Galiza arde, o señor da mangueiriña foise coa mangueira a Buenos Aires"
18 out. 2011 - 18:41
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, criticou esta mañá en rolda de prensa a ausencia do presidente da Xunta en plena vaga de incendios. Mentres Galiza arde, o señor da mangueiriña foise coa mangueira a Buenos Aires, dixo o líder nacionalista en alusión á famosa fotografía que retratou ao actual presidente da Xunta, daquela na oposición, ante un lume.
É evidente que a Xunta non dispón de efectivos adecuados para combater esta vaga de lume, afirmou, frente a esta problema, o goberno galego, unha vez máis, non está.
A Xunta aplica, tal e como lembrou Guillerme, unha política de recortes como solución aos problemas e ao final son a desgraza para a xente, polo que instou ao goberno a que tome decisións, medidas para combater a traxedia que estamos vivindo.