A Festa da Xuventude do Saviñao
As do Bloque non é que sexamos unhas aburridas, ás que non nos guste saír de festa, ao contrario, somos un partido que cre na xente nova e demostrámolo á hora de facer a candidatura cunha aposta clara pola mocidade, pero non podemos estar de acordo coas Festas da Xuventude que organiza o Concello.
Por que?
Porque o PP do Saviñao só se acorda da mocidade cando hai eleccións, e quince días antes organiza unha festa con orquestras de primeiro nome, invita a comer e carreta a xente de toda a comarca en autobuses.
Pero quen paga isto? Canto custa? Diso non sabemos nada, o escurantismo é a práctica habitual do PP, na organización da festa pero tamén na vida diaria, nas subvencións, nas contratacións Poden pagar buses para traer xente á festa pero suprimen un servizo como o Noitebus o resto do ano.
Un goberno ten que facer políticas para a mocidade todo o ano, políticas trasversais que traten de atallar os problemas específicos da mocidade do concello, o paro, a vivenda, o transporte, a diminución do número de bolsas para poder estudar, a privatización do ensino, e tamén o lecer, a cultura, o deporte, pero facer políticas para os 365 días do ano,
Xa o di o lema da campaña do BNG #dependedenós
que isto cambie.