"Debemos saír desta Asemblea coma un só BNG"
15 maio 2009 - 22:06
O novo portavoz nacional do Bloque Nacionalista Galego, Guillerme Vázquez, deu o seu primeiro discurso ante o pleno da Asemblea Nacional, no que enfatizou que unha vez que conclúe o debate actuemos ante a sociedade unidos como un bloque, como un só BNG. Así nos quere ver a sociedade galega e así nos vai ver apartir de agora, porque todos e todas somos o Bloque Nacionalista Galego, asegurou.
Así mesmo, Vázquez asegurou que esta era a Asamblea máis participativa da historia do BNG, na que os militantes nacionalistas debateron a liña política a seguir. Aquí non sobra ninguén e aínda fala moita xente, afirmou, e asegurou que os afiliados e afiliadas deben ser actores do BNG.
Guillerme Vázquez amosouse convencido de que entre todos conquistaremos a unidade, a lealdade e a confianza dentro do BNG, que segue sendo a mellor ferramenta para conquistar a emancipación social e nacional de Galiza.

Tempos difíciles
Vivimos tempos difíciles para o noso país e para o conxunto da humanidade, asegurou Vázquez, quen criticou a ideoloxía implantada na revolución conservadora de Reagan e Thatcher, segundo a cal a globalización vai traír a felicidade a toda a humanidade, co mercado convertido nun deus, nun becerro de ouro ao que adorar, no que o mellor sector público era o que non existía.
Nesa liña, explicou que vinte anos despois, esa política está hoxe en bancarrota e levou ao mundo á peor crise desde o 1929. Criticou, xa que logo, a idea da fin das ideoloxías e lembrou que o imperialismo segue funcionando, ocupando nacións soberanas, como Iraq, ou Afganistán, e negando os dereitos de pobos como o palestiniano, o sahariano
Así, asegurou que o nacionalismo propón un modelo alternativo ao neoliberal, que defenda os dereitos dos traballadores e aposte pola economía produtiva.
De cara ao goberno central, Vázquez afirmou que o BNG estará disposto a apoiar o goberno central sempre cando varía a súa estratexia e apoie ás maiorías sociais. O BNG ten claro quen provocou a crise, asegurou.

Goberno galego
A presenza do BNG no goberno galego tivo máis luces que sombras, levando a cabo un proxecto transformador, que se molestou a alguén foi aos que sempre se consideraron poder por riba dos cidadáns, dixo, ao tempo que sinalou que a súa primeira preocupación será recuperar a sintonía cos milleiros de cidadáns que nos retiraron o seu apoio.

O PP non ten programa para Galiza
O PP non ten un programa en positivo para este país, ten un programa en negativo, afirmou Vázquez. Non lles di á xente o que queren, dilles o que non queren: non queren que os nosos nenos aprendan a lingua nas galescolas, nin grupo lácteo galego, nin rede galega de servizos sociais, nin que as concesións eólicas redunden no interese público, explicou.
Nesa liña, afirmou que o PP non ten nada de tecnocrático nin de neutro, veñen facer política pura e dura, e acusounos de seren a dereita máis reaccionaria de Europa. Criticou que os populares galegos avalen teorías como a da imposición do galego e afirmou que Galiza non será plenamente democrática até que a nosa lingua teña os mesmos dereitos que o castelán.
Guillerme lembrou que o PP non acredita no autogoberno galego e que para eles Galiza será unha moeda de cambio para poñer aos pes de Mariano Rajoy.
Segundo Guillerme Vázquez, o PP é derrotable en catro anos se facemos ben o noso traballo. Para o novo portavoz nacional do BNG, a verdadeira dialéctica da política galega durante os 27 anos de existencia desta organización se estabeleceu entre os nacionalistas galegos e a dereita españolista do Partido Popular.

Eleccións ao Parlamento Europeo
Segundo Guillerme Vázquez, o BNG contrapoñerá nas eleccións europeas o modelo neoliberal da UE co noso modelo social e democrático e asegurou que é a Unión Europea a que impide a Astano construír barcos ou afecta ao noso sector lácteo.

Humildade
Vázquez asegurou estar disposto a traballar con humildade e realismo porque eu só son un máis dos afiliados do BNG e comprometeuse a visitar todas as asambleas comarcais e poñer a orella para escoitar as preocupacións da xente.
Rematou o seu discurso asegurando que cumpriremos o soño dos devanceiros que xa no século XIX soñaban cunha Galiza máis xusta e soberana e citando un poema de Uxío Novoneyra: Sabemos que ti podes ser máis/sabemos que o home (e engado eu, a muller) pode ser máis. Tentarei non defraudarvos, rematou.