A PROPOSTA DO PSOE DE VOTO ELECTRÓNICO NON É MÁIS QUE UNHA MANOBRA PARA NON IMPLANTAR O VOTO EN URNA PARA OS EMIGRANTES
26 ago. 2008 - 13:57
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, advertiulle hoxe ao Goberno Central de que non utilice agora a promesa de implantar o voto electrónico como unha manobra de distracción para non implantar con carácter de urxencia o voto en urna para os residentes ausentes.
Francisco Jorquera accedeu a retirar hoxe na Deputación Permanente do Congreso dos Deputados a petición do BNG de celebración dunha reunión extraordinaria da Comisión Constitucional para reformar a LOREX no referente á implantación coa máxima urxencia do voto en urna para os residentes ausentes en aras a un acordo entre todos os partidos políticos: que a Comisión Constitucional se reúna na primeira semana de setembro para crear a subcomisión de reforma do réxime eleitoral xeral e a que o primeiro Pleno do Congreso, a celebrar os días 10 e 11 do mesmo mes, poida ratificar a creación desa subcomisión.

Jorquera subliñou que é imprescindíbel garantir o voto libre e secreto dos 350.000 galegos e galegas inscritos no CERA e iso só se pode facer homologando o sistema de voto no exterior e no interior; é dicir, establecendo o voto en urna como opción preferente.
No BNG recalcou- consideramos que non hai tantas dificultades técnicas como se argúen para implantar o voto en urna no prazo máis breve posíbel.
Sospeitamos que a proposta de voto electrónico é unha manobra de distracción para non implantar con urxencia o voto en urna
Neste sentido, o parlamentario nacionalista manifestou o escepticismo do BNG ante a insistencia do PSOE e da Vicepresidenta do Goberno en implantar o voto electrónico para os residentes ausentes.
Asegurou que pode ser unha solución a longo prazo, pero a curto prazo a súa implantación é difícil. Non hai máis que ver en que despois de 30 anos de democracia, e malia as continuas iniciativas do BNG, o persoal embarcado, un colectivo moitísimo menor que o CERA, aínda non poida votar, a pesar de que aí o voto electrónico si que podería ser un mecanismo fácil de implantar.
Por iso, Francisco Jorquera advertiu de que non nos gustaría que o voto electrónico sexa unha manobra de distracción para non abordar a reforma con carácter de urxencia.