Pontón: Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado
17 out. 2013 - 17:29
Ana Pontón exhibe no Parlamento un exemplar do Atila en Galiza de Castelo e denuncia que as políticas de Feijóo condenan a Galiza a ser un país sen futuro
A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón principio hoxe a súa intervención no Debate do Estado da Nación exhibindo na Cámara galega un exemplar do Atila en Galiza, o Segundo dos albumes de Guerra no que Castelao denunciaba a terrible represión que o feixismo estaba a provocar en Galiza.
Para a parlamentaria, Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado porque a cidadanía galega, dixo, xa non atura máis as mentiras nin as políticas de sufrimento.
Ana Pontón criticou a falta de exemplaridade política do mandatario galego por manter no seu goberno ao Delgado de Ourense acusado de malversación de fondos públicos e ocultar os contratos co narcotraficante Marcial Dorado ou as empresas da Trama Gürtel.
A proposta estrela de Feijóo para rebaixar o IRPF unha fraude
A nacionalista tamén puxo en evidencia a fraude que supón a proposta estrela de Feijóo de rebaixar o IRPF para as rendas máis baixas.Como moito deducirán 63 euros anuais máis se esquece de dicir que as rendas baixas seguen tributando máis que antes da chegada do PP ao Goberno.
Unha medida real propuxo Pontón, sería subirlle os impostos as rendas altas, porque é tremendamente regresivo subir o imposto á gasolina que pagarán por igual todos os galegos e galegas con independencia de que sexa un parado ou Amancio Ortega.
O BNG presenta alternativas as políticas regresivas do PP
Hai alternativas, dixo, e citou como exemplo aos alcaldes do BNG que poñen ao lado dos doentes crónicos ante a inhumana medida do copago. Porqué non o fai a Xunta Sr.Feijóo interpelou Pontón.Non lles preocupa que poida haber miles de persoas que non van poder pagar os tratamentos médicos?.
Galiza non é un País pobre, senón empobrecida polas políticas austericidas do Partido popular que están a ter como consecuencia que os ricos sexan máis ricos e os pobres aínda máis pobres. Por iso, Galiza precisa ter capacidade para decidir, Soberanía real fronte ao espolio porque a nosa irrelevancia política está a ser mortal para o noso país, conclúiu.
Intervención integra da viceportavoz Ana Pontón Mondelo no Debate do Estado da Nación Parlamento galego ,17-Outubro-2013