PLENO EXTRAORDINARIO POLA DEVESA DE ESCAIRON
09 maio 2007 - 23:31
O venres dia 11 ás 9:30h celebrarase en Escairón o pleno extraordinario solicitado polo BNG para debatir o asunto do parque multiaventura da Devesa de Escairón.
O BNG do Saviñao mostrouse desde un principio completamente en contra do proxecto que plantexa o Concello do Saviñao e o Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra de convertir A Devesa nun Parque Multiaventura. Por esto solicitou este pleno, para incluir a Devesa como ENIL (Espazo Natural de Interese Local),
Os veciños e veciñas do Saviñao, e en particular de Escairón, xa demostraron o seu interese polo tema mobilizándose en canto tiveron noticias das intencións do Concello e do Consorcio da Ribeira Sacra de instalar na Devesa de Escairón un Parque Multiaventura..
Ante este proxecto o BNG so se pode preguntar ¿é a devesa o lugar idóneo para un parque temático como o proxectado?. Desde logo que non, fundamentalmente por tres razóns:
1ª. A Devesa é un lugar con arbores centenarias, e de interés ambiental, unha mixtura de souto e carballeira formado por diversas especies de arbores, que ate hoxe foi mimado, coidado e é orgullo da comarca e de todos os amantes do bosque autóctono, un lugar que sen dubida algunha debería estar protexido e declarado de interés botánico e cultural. A Devesa non debe nin pode estar exposta a proxectos mercantilistas nin pode tampouco soportar a presión de un parque Multiaventura, xa que algúns das arbores xa están no límite da súa supervivencia e a obra proposta serviría para acelerar o seu final.
2ª. A Devesa é un lugar de uso público e con este proxecto pasaría a ter unha parte restrinxida e so de acceso previo pago. Non esquezamos que a Devesa é un espazo aberto, foi e sigue sendo utilizado como lugar de ocio , paseo, xantar, festa e mesmo de coidado da saúde - antigamente viñan doutros lugares a respirar o ar puro de Escairón na devesa para recuperarse da tuberculose e outras doenzas respiratorias- .
3º A Devesa non é un ben repoñibel con diñeiro: as bóvedas arbóreas que amparan aos seus visitantes recordan ás dunha catedral construída pola común vontade da natureza e dos habitantes da comarca do Saviñao, desde hai séculos: hasta semilla unha bulra a presencia do plástico para representar unha suposta modernidade do ocio. Un parque multiaventura pode crearse en calisquer outro lugar do Concello sen necesidade de prexudicar a unha devesa e un pobo, podemos dicir que existen aquí vinte lugares distintos que poden reunir os requisitos que precisan sen necesidade de alterar esta ou outra carballeira ou devesa.
O BNG espera que no futuro inmediato, o novo governo do Saviñao pense en potenciar os seus recursos naturais e a súa agricultura, gandería e forestal e a industria derivada e que os Equipos redactores de proxectos, e as mesma autoridades municipais e do Consorcio, si buscan turismo para a zona, coñezan e respecten en primeiro lugar a nosa realidade.