PAZ ABRAIRA, NUMERO UN AO CONGRESO POR LUGO
13 xan. 2008 - 19:38
Paz Abraira (Meira, 1971) aspira a ser, a partir de marzo, a primeira voz nacionalista en Madrid pola provincia de Lugo
Persoa vencellada á organización, onde vén ocupando cargos de responsabilidade dende 1997, e membro do Consello Nacional do BNG dende a última asemblea, aos seus 36 anos é concelleira en Lugo, onde se encarga de fiscalizar as áreas de Urbanismo, Medio Ambiente e Infraestruturas, e aposta por demostrar que a provincia de Lugo ten futuro.
Cal é o obxectivo do BNG nestas eleccións xerais en Lugo?
Presentámonos cun obxectivo claro: que a voz de Lugo se escoite en Madrid.
Nos 11 anos que leva o BNG no Congreso fixo que Galiza fose visíbel no Estado e aínda non tendo representación pola provincia de Lugo, os deputados do BNG levaron ao Congreso unha chea de iniciativas de Lugo, moitas delas aquelas que os representantes do PP e o PSOE pola provincia preferiron non levar para non molestar as direccións dos seus partidos en Madrid. O BNG demostrou que o único voto útil en Madrid é o voto ao Bloque Nacionalista Galego e agora é o momento de que tamén na provincia de Lugo teñamos un representante nacionalista en Madrid.
Penso que é unha urxencia, unha necesidade. Lugo precísao, sobre todo para demostrar que non somos un territorio subsidiado e sen futuro.
Que é preciso lograr para iso en Madrid?
O que imos reivindicar en Madrid dende Lugo é un trato acorde ás nosas necesidades e a moitos anos de desatención e esquecemento por parte do Estado.
Precisamos desbloquear moitas cuestións pendentes en materia de infraestruturas, como a apertura do porto de Alcoa e o corredor na Mariña, o AVE e as autovías na comarca de Lugo porque somos a única cidade galega que non está conectada con Santiago nin por autovía nin por ferrocarril, ou a aposta polo ferrocarril e o regadío en Monforte.
E precisamos acadar ao mesmo tempo avances sociais para unha poboación moi envellecida e tamén lograr o despegue de sectores produtivos básicos como o agrogandeiro ou o pesqueiro. Son os tres eixos nos que imos centrar as nosas demandas.