O PARLAMENTO APROBA POR UNANIMIDADE A PROPOSICIÓN DE LEI DE TRAPASO DE TRÁFICO QUE QUINTANA DEFENDERÁ EN MADRID
09 abr. 2008 - 17:12
O portavoz do grupo parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, felicitou hoxe no pleno a todos os membros da Cámara polo consenso acadado para a elaboración e aprobación da proposición de lei que tres deputados galegos levarán ás Cortes do Estado para a transferencia a Galiza das competencias de Tráfico e Seguridade Viaria.
Segundo se aprobou tamén por asentimento de todos os membros do Parlamento, o portavoz nacional do BNG e Vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, impulsor desta iniciativa, será un dos tres deputados encargados de defender o texto en Madrid.
Tal e como enfatizou o deputado nacionalista, o de hoxe, é o primeiro paso e aínda quedan moitos por dar, pero estamos no camiño correcto, continuou, se, no canto de vetar iniciativas que interesan a Galiza, buscamos o que nos une e levamos esa unidade ás Cortes Xerais, a este país non vai haber quen o pare.
Aymerich destacou o feito de que o texto que se aprobou hoxe sexa o acordado nas reunións mantidas no pasado mes de novembro a instancias da Vicepresidencia da Xunta, sen modificacións, ao tempo que amosou a vontade inequívoca do BNG de apoiar o texto, tal cal, no Congreso e no Senado e amosou a súa esperanza de que todos os deputados galegos en Madrid poñan por diante os intereses de Galiza nesta ocasión.
Despregamento da Policía Galega
Para o deputado nacionalista, un dos pontos máis significativos desta iniciativa é o feito de que este proxecto de lei pon as bases para o despregamento da Policía Galega.
Neste sentido, Aymerich lembrou que un dos feitos diferenciais galegos é o grande número de galegos e galegas que forman parte das Forzas de Seguridade do Estado e que, en grande número, xa teñen amosado a súa disposición a integrarse na vixianza do tráfico no noso país.
O portavoz nacionalista destacou a aposta pola redución da sinistralidade nas estradas que supón este proxecto de lei e lembrou que aínda que estamos a falar dun problema complexo, que non terá unha solución simple, hai cuestións que si podemos atender como o número de axentes por quilómetros de estrada, a maior densidade viaria do noso país ou os escasos investimentos estatais no mantemento e conservación das nosas vías.
Radares recadatorios
O BNG critica tamén a ubicación de moitos dos radares fixos situados en Galiza, que non se colocan nos pontos negros, senón en lugares onde se garante unha alta recadación.
A elevada sinistralidade nas estradas secundarias, o alto número de atropelos e a especificidade de comarcas como a da Costa da Morte, que rexistrou xa 200 accidentes no que vai de ano, son algunhas das peculiaridades da nosa rede viaria que podemos atender e que deberían ter sido atendidas xa desde a Direción Xeral de Tráfico.
Estamos diante dunha decisión histórica, engadíu o portavoz nacionalista, ao tempo que apuntou que o camiño de hoxe pode ser o que se tome para retomar o labor pendente tras a frustrada aprobación do Novo Estatuto.