Máis Vida para o Noso Medio Rural
30 abr. 2007 - 17:07
O BNG non quer planos de promoción do rural feitos desde Madrid, afirmou o domingo o portavoz nacional, Anxo Quintana, no acto Máis Vida para o Noso Medio Rural organizado pola formación frentista nun ateigadísimo recinto feiral de Silleda. Asemade, destacou que a presenza do BNG no Goberno está a ser moi valorada pola xente do medio rural
O portavoz nacional avaliou as recentes declaracións de Rajoy. Afirman estar preocupados polos problemas da xente. É normal que se preocupen despois de 16 anos de lle causar problemas á xente, dixo.
O líder nacionalista afirmou que as políticas para a Galiza interior non se poden medir só con criterios economicistas e destacou que o noso país deixará de ser nación o día que non teña medio rural.
O conselleiro de Medio Rural, o nacionalista Alfredo Suárez Canal, animou os presentes a teren en conta o factor humano nas próximas eleccións, pondo de manifesto que no medio rural hai persoas comprometidas que van rachar coa rotina dos gobernos municipais do PP para facer que aflore o potencial do noso medio rural.
Suárez Canal acusou os gobernos do PP a nivel autonómico, tamén municipal- de se ter instalado na indiferencia cúmplice de dar por bon o despoboamento, o abandono de terras e a desvertebración social do medio rural.
O conselleiro nacionalista afirmou que o BNG non se quer limitar á xestión diaria, senón que aposta por modificar as estruturas porque Galiza así o necesita.
Suárez Canal repasou as medidas do seu departamento: a Lei de Banco de Terras para mobilizar superficie agraria improdutiva; a Lei de Prevención de Incendios con medidas para cambiar en profundidade a política forestal; o impulso de contratos homologados entre produtores e transformadores no sector do viño, ou o Observatorio do sector lácteo.