Máis de 130 persoalidades da cultura galega piden o voto para o BNG para "ter voz no Congreso e no Senado"
16 nov. 2011 - 17:55
Máis de 130 representantes da cultura galega solicitan o voto para o BNG nas eleccións do próximo domingo nun manifesto chamado A Cultura Galega Precisa do BNG no Congreso e no Senado que está aberto a novas adhesións no sitio http://bngeculturagalega.wordpress.com. O seu contido foi presentado en Santiago nunha conferencia de imprensa na que tomaron a palabra o divulgador Uxío Novoneyra Rei, o director teatral Arturo López, o escritor e teólogo Victorino Pérez Prieto, a profesora María Pilar García Negro e a escritora e candidata do BNG ao Senado por A Coruña Teresa Moure.
Segundo Pilar García Negro, que presentou aos participantes, a listaxe está chea de nomes fecundos que proseguen coa tradición de compromiso que antes amosaron todos aqueles aos que lles doe este país como Otero Pedrayo ou Rosalía de Castro. Non é unha listaxe de vougo oroupel senón que representa o mundo do traballo, nacionalista ou non, que reivindica que os galegos e as galegas queremos existir á luz do día e que sabe que a cultura é unha necesidade dos humanos para non converternos en simples números, engadiu.
Pola súa parte, a escritora Teresa Moure recordou que o manifesto trátase dunha valiosa achega dun importante sector produtivo que ante un forte acoso négase a deixar de ser galego.
No manifesto están representados todos os sectores da cultura galega e nel participan persoalidades da literatura, fotografía, artes escénicas, música, ensino, comunicación, crítica ou banda deseñada.
Todos estes persoeiros da cultura galega aseguran no manifesto que piden o voto para o BNG nas súas candidaturas ao Congreso dos Deputados e ao Senado porque a súa presenza nestas cámaras garantirá, como até agora, que a cultura galega exista en todo o que depende da política estatal e europea. É vital que a voz galega siga a facer valer que existimos. Desde 1996, esta voz ten un nome: Bloque Nacionalista Galego. Votémolo. Pola conta que nos ten.
O manifesto completo e a lista de asinantes, que segue aberta a novas incorporacións, pódese ler neste sitio web.