Grazas ao BNG Galiza terá voz no Congreso
21 nov. 2011 - 03:42
O portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, Vázquez afirmou que grazas aos miles de galegos e galegas que hoxe deron o seu voto ao BNG, Galiza terá voz no Congreso.
O portavoz nacional do BNG iniciou a súa avaliación dando as grazas aos miles de galegos e galegas que hoxe deron o seu voto ao BNG. Non esqueceu á militancia do BNG e así dixo que mil grazas aos afiliados, aos amigos do BNG por ter feito un grande traballo do que se deben sentir orgullosos. Asemade, tivo palabras de recoñecemento para a directora de campaña, Montse Prado.
Estaremos de lado do pobo e non dos banqueiros
Engadiu que o BNG cumprirá a súa palabra punto por punto, traballaremos neste contexto de problemas, traballaremos por Galiza e pola democracia, polos dereitos das persoas como é a sanidade e a educación. Guillerme Vázquez subliñou que o BNG traballará de lado dos que padecen a crise e fronte á dereita. Agradeceu a confianza e asegurou que non fallaremos, traballaremos por un cambio de rumbo e estaremos de lado do pobo e non dos banqueiros. Traballaremos por unha saída galega e social á crise.
Respeito á victoria do PP, Guillerme Vázquez afirmou respectar o que elexiu o electorado, máis advertiu que virá unha etapa de profundización nas políticas de dereitas xa iniciadas polos Gobernos saíntes, haberá máis recortes para o pobo, máis beneficios para a banca e, desde logo, nada agardamos en relación ao respecto polos diferentes sectores produtivos, os dereitos de Galiza. O BNG, asegurou, respecta o resultado e estará en frente das políticas de dereitas.
Saudou tamén a expansión do nacionalismo en Euskadi e en Catalunya. Indicou que todas as forzas deben saber o punto de partida para poder avaliar o punto de chegada. Contra vento e marea, podemos dicer que obtivemos un magnífico resultado que evidencia a nosa recuperación. Hai confianza no BNG. Superamos o test con éxito grazas ao traballo entusiasta dos militantes e grazas á confianza da cidadanía. Celebramos os resultados porque Galiza seguirá a ter presenza nas Cortes. A partir de mañá seguiremos a traballar.