A DEVESA NON SE TOCA!

A DEVESA NON SE TOCA!


O BNG solicitou o pasado 25 de abril un pleno extraordinario para declarar A DEVESA de Escairón un “Espazo Natural de Interese Local”




O Tenente de Alcalde , nunha rolda de prensa dixo que non se vai facer o Parque Multiaventura na Devesa de Escairón. É unha noticia que reconforta, máis ao mesmo tempo sorpréndenos, porque ese mesmo día o autor do proxecto e máis o xerente do Consorcio da Ribeira Sacra decían o contrario.

A explicación é ben sinxela. O PP viuse obrigado a dar marcha atrás neste proxecto, vista a actitude dos veciños e veciñas do Saviñao, que se volcaron masivamente na oposición a este acto de agresión á Devesa, e incluso os propios simpatizantes e militantes do PP fixéronlle chegar ao Alcalde o descontento con tal medida.

O PP non ten inconvinte en desdecirse das súas informacións e, incluso, decir que nós, o BNG, mentimos aos veciños. Víronlle as orellas ao lobo e tiveron que cambiar de rumbo.

O BNG non minte. O Consorcio da Ribeira Sacra aprobou na derradeira xunta levar adiante a financiación do Parque Multiaventura na Devesa de Escairón, co voto afirmativo do Tenente de Alcalde, presente na reunión, facéndose eco desta información todolos medios de Prensa, Radio e TV, o día 23.03.07. Ahí están as hemerotecas para confirmalo.

O BNG le e escoita os medios de comunicación, o mesmo que o fan moitos veciños e veciñas. Todos os que se informan nos medios danse conta da contradicción do Tenente de Alcalde, cando vota a favor do proxecto o día 23 de Marzo e opina o contrario o día 3 de Abril.

O día 26 de Marzo o BNG fai público un comunicado, opoñéndose con firmeza ao acordo tomado polo Alcalde e polo Consorcio da Ribeira Sacra, e anunciando, sen eufemismos de negún tipo, que vai comenzar unha campaña de recollida de firmas. Esta campaña tivo un apoio masivo e demostrou unha toma de conciencia clara da maioría dos veciños e veciñas do Saviñao, de todos os grupos políticos, incluido o PP, en contra de que na Devesa de Escairón se fixese o Parque Multiaventura.

Acusáronnos de que esta campaña de recollida de firmas era unha especie de campaña preelectoral. En campaña electoral está o PP, desde hai moitos meses, carretando cemento e poñendo luces. O BNG, simplemente, repostou a unha medida equivocada da Equipa de Governo, Si esta se volve en contra deles, non poden botarlle a culpa aos demais, nen chamarlles mentirosos.

Nunca confiamos nas palabras da Equipa de Governo, por eso, o BNG solicitou o 25 de abril un Pleno Extraordinario para que se tome o acordo definitivo de que na Devesa de Escairón non se vai facer nada que poida agredir a súa grandiosidade natural. Estamos dispostos a debater calquer alternativa para facer o Parque Multiaventura ou outro proxecto nun lugar que non agreda o patrimonio ecolóxico natural do Concello. Nese caso poden contar connosco

Queremos agradecer a tódolos veciños e veciñas de O Saviñao, que avalaron coa súa firma a oposición a que a Devesa se degradara coa construcción de este Parque Multiaventura. Éles son os que conseguiron que a Equipa de Governo do PP tivera que dar marcha atrás neste proxecto.

A DEVESA NON SE TOCA!