Celebrando os 30 anos do BNG en Lugo Sur
18 set. 2012 - 18:15
Os candidatos ao Parlamento de Galiza Cosme Pombo e Isabel Sánchez xunto co responsábel comarcal Ricardo Rodicio no momento das intervencións
O día 26 de setembro de 1982, no Frontón de Riazor da Coruña foi fundado o BNG, conformándose como una fronte política unificadora do nacionalismo galego, baixo o lema Por una fronte ampla da unidade nacionalista
Naquela I Asemblea aprobáronse os obxectivos estratéxicos e políticos do BNG.
O nacionalismo como resposta a una situación de dependencia económica, e contra a opresión cultural e política que sofre Galiza e que imposibilita a transformación e o benestar da sociedade galega.
Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional, a defensa da democracia e dos intereses populares e a necesidade de autoorganización política e social.
Atrás queda a loita contra a entrada na OTAN, contra o desmantelamento industrial (reconversión), contra a apropiación e manipulación dos restos de Castelao, Tratado de Maästricht, a Plataforma Nunca Máis, a Plataforma Queremos Galego, etc. Tamén debemos recordar que no ano 2005 o BNG formou parte do Goberno da Xunta por primeira vez na historia.
Hoxe 30 anos despois daquela I Asemblea do BNG , despois de 30 anos sumando esforzos por Galiza celebramos en Monforte a Festa do BNG da Comarca de Lugo-sul.
Aspecto da comida donde participaron máis de 150 persoas
O PP coa excusa da crise, aproveita para arrasar con dereitos sociais e laborais. Condenan ao noso país ao abandono da economía produtiva, ou dito doutra maneira, queren ditar sentenza de morte a un futuro digno na nosa nación.
O BNG confía no noso pobo, na nosa capacidade, tendo en conta tamén, que somos a única alternativa real fronte ás políticas de recorte do PP que están a afundir a Galiza.
O día 21 de outubro haberá Eleccións ao Parlamento de Galiza. Temos unha oportunidade que non podemos desaproveitar. Temos que dicir non a Feijóo. Pois dicir non a Feijóo é dicir non a Rajoy e as súas políticas de recortes que solo conducen a máis miseria. O día 21 de outubro a sociedade galega ten que prantarlle cara ao PP e aos recortes.
O día 21 de outubro a Galiza indomábel e insubmisa protagonizará un cambio político da mán do BNG En Bloque podemos!!!