O BNG SOLICITA AO GOBERNO QUE REPOÑA AS REDUCCIÓNS AOS AGRICULTORES E GANDEIROS NA DECLARACIÓN DA RENDA PARA PALIAR A BAIXADA DE INGRESOS
05 maio 2008 - 20:36
O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, ven de presentar dúas iniciativas polas que lle solicita ao Goberno Central que repoña as reduccións que nos últimos exercicios lles viña aplicando a agricultores e gandeiros na Declaración da Renda.
Pérez Bouza lembra que estas desgravacións recoñecían e compensaban, en parte, o impacto dos notables incrementos dos prezos dos derivados do petróleo nas economías do sector primario.
En concreto, aos agricultores e gandeiros que tributaban polo método de estimación obxectivo (módulos) a Axencia Tributaria aplicáballes na declaración do IRPF unha reducción do 35% pola adquisición de gasóleo agrícola e do 15% pola compra de plásticos e fertilizantes.
Porén, de forma inexplicábel, o Ministerio de Economía e Facenda suprimiu estas reduccións na declaración do IRPF do exercicio 2007, denuncia o senador nacionalista.

O momento é totalmente inoportuno para castigar ao sector cun incremento da carga fiscal
O senador do BNG considera que non resulta máis inoportuno e erróneo castigar agora aos agricultores e gandeiros cun incremento da carga impositiva que soportan xusto no momento no que o sector sufre un descenso da rendibilidade motivado, en boa parte pola forte suba dos derivados do petróleo.

Así, por exemplo, no último ano o prezo do gasóleo agrícola encareceuse máis dun 30%; os fertilizantes subiron por enriba do 30% e o prezo dos cereais para concentrados subiron por riba do 30%.
Neste sentido, Xosé Manuel Pérez Bouza presentou unha pregunta e unha moción pola que insta ao Goberno a que repoña as reduccións por adquisición de gasóleo agrícola, plásticos e fertilizantes que se viñan aplicando na declaración do IRPF aos agricultores que tributan polo método de estimación obxectiva.
Esta reposición precisa- deberá ser realizada polo goberno con carácter de urxencia a fin de que se aplique na Declaración da Renda correspondente ao exercicio 2007.