O BNG renova os seus órgaos de dirección en Lugo Sul
05 abr. 2013 - 19:16
O BNG de LugoSul elixiu, en asamblea, o que será o próximo órgano de dirección na comarca. Esta elección encádrase dentro do proceso de renovación dos órganos de dirección tras a celebración da XIV asamblea nacional do BNG.
A responsabilidade comarcal seguirá en mans do actual reponsabel, Ricardo Rodicio, e o consello comarcal estará integrado por un total de 15 persoas elexidas por unanimidade na asamblea, ao que haberá que sumarlle os responsábeis locais elexidos nos próximos días.
A responsabilidade comarcal seguirá en mans do actual reponsabel, Ricardo Rodicio, e o consello comarcal estará integrado por un total de 15 persoas elexidas por unanimidade na asamblea, ao que haberá que sumarlle os responsábeis locais elexidos nos próximos días.
Tras a elección do novo portavoz nacional, Xavier Vence, e coa renovación do consello comarcal o responsábel comarcal manifestou que este segue a ser un proxecto ilusiónante e temos que conseguir recuperar o papel político que o BNG sempre tivo entre a sociedade galega, reconectar coa cidadanía, ser a opción da maioría d@s galeg@s e unha alternativa ás políticas neoliberais que encarna o partido popular no Estado español e Galiza.
A este proceso presentouse unha única lista que foi referendada por unanimidade pola asamblea celebrada o mércores.
CONSELLO COMARCAL DE LUGO SUL
- Ricardo Rodicio González, responsábel comarcal, acción institucional, comunicación e imaxe. A Pobra do Brollón
- Maria Pilar López Martínez, vice-responsábel comarcal, alternativas programáticas e formación, Monforte
- André Sánchez Labandeira, responsábel de organización e estratexia comarcal, Chantada
- Iván Antonio Alvarez Merayo, reponsábel finanzas e campañas, Monforte
- Antía Nieves Rodríguez, responsábel política municipal, O Saviñao
- Rosa Ana Somoza Vila, responsábel de acción feminista e igualdade, Monforte
- Isidro Rajo Parga, responsábel de acción social e políticas sectoriais, O Saviñao
- Concepción García Iglesias, Taboada
- Severino Rodríguez Díaz, Monforte
- Xosé Lois Maceda Vilariño, A Pobra do Brollón
- Óscar Alonso Díaz, Sober
- Xosefa Rodríguez Rodríguez, A Pobra do Brollón
- Xosé María Rodríguez Castro, Bóveda
- Xosé Lois Fernández Hermida, Carballedo
- Rosa Ana Prieto Florines, Pantón