O BNG RATIFÍCASE NA ABSTENCIÓN PORQUE "NON HOUBO CAMBIOS" NO DISCURSO DE ZAPATERO
11 abr. 2008 - 17:33
O portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, Francisco Jorquera, expresou, na súa intervención na segunda volta da sesión de investidura de José Luis Rodríguez Zapatero á Presidencia do Goberno español, que o BNG se ratifica na posición que mantivemos na primeira votación da súa investidura: a abstención, dado que non houbo nengún cambio con respeito á anterior sesión que xustifique unha modificación do noso voto.
Estratexia errada do PSOE
Jorquera dirixiuse a Zapatero para manifestarlle a consideración do BNG respeito á estratexia dos socialistas. Cremos que o PSOE, sinceramente, se equivoca ao optar por unha estratexia na que pretende enfatizar a autonomía do seu proxecto sen esforzarse en chegar a acordos con outras forzas para sair investido Presidente do Goberno cun máis amplo aval desta Cámara sobre todo cando existen plantexamento tan razonábeis como os expostos polo BNG. Engadiu que para nós chegar a acordos non é someterse a hipotecas é demostrar capacidade de diálogo e integración e considera que un candidato á Presidencia do Goberno debe mostra vontade e predisposición ao diálogo.
Tres cuestións fundamentais para o BNG
O parlamentar nacionalista explicou ao candidato á Presidencia do Goberno español que, para o BNG, están sobre a mesa tres cuestións que consideramos esenciais. E a continuación pasou a enumeralas:
Un compromiso co autogoberno de Galiza, non só á hora de completar o cadro de transferencias pendentes, senón tamén á hora de asumir posicións unánimes que emanan do Parlamento Galego como é a solicitude de transferencia a Galiza da materia de tráfico e seguridade vial.
En segundo termo, subliñou a vontade de diálogo para estudar mecanismos que permitan recuperar o estaleiro de Navantia Fene para a construción naval civil. E en terceiro lugar, Jorquera fixo alusión á necesidade de reformar o sistema de voto dos residentes ausentes. É importante que a emigración poida votar en urna para asegurar ao carácter segredo do voto sinalando que se trata do mínimo exixíbel.

Vontade de diálogo
O portavoz do BNG no Congreso rematou a súa intervención nesta segunda sesión de investidura afirmando que reitero o noso agradecemento polo tón e a vontade de diálogo, remarcando ao mesmo tempo que o BNG tamén mantén aberta a súa disposición ao diálogo. Asemade, anticipou a nosa felicitación pola súa segura eleción como Presidente do Goberno.