O BNG, MOTOR DA LEXISLATURA MÁIS "FÉRTIL" DA HISTORIA SUSCITANDO O 60 POR CENTO DOS ACORDOS ACADADOS NA CÁMARA
18 xul. 2008 - 12:27
O portavoz e o coordinador do g.p do BNG, Carlos Aymerich e Bieito Lobeira, respeitivamente, coincidiron hoxe en sinalar a actual lexislatura como a máis fértil e fructífera dos 28 anos de historia da Cámara galega, sendo o BNG o auténtico motor de impulso dos tres grupos, pois da media dun 60 por cento de acordos suscitados, estes xeráronse maioritariamente en torno a iniciativas nacionalistas.
Bieito Lobeira, nunha rolda de prensa de balance do actual período de sesións, salientou, por un lado, esta importante actividade de impulso, que tivo a ver, ademais, con asuntos moi apegados ás necesidades da xente, como a defensa dos sectores produtivos, a xeración de emprego, os servizos sociais, etc.
Por outra banda, tamén se referiu ao novo papel que se puido apreciar durante estes tres anos na relación Goberno - Parlamento, nomeadamente as Consellarías dirixidas por un representante nacionalista, pois estes departamentos levan respostadas máis de 5.100 preguntas só a Consellaría de Medio Rural respostou a 2.400-, algo que non se recorda en toda a historia parlamentar.
Lobeira afirmou que este período de sesións serviu para pór en valor o traballo e o papel do BNG malia as limitacións políticas que se derivan da falta de competencias e malia as dialécticas importadas do Estado que o PP tentou trasladar a Galiza, como os debates sobre o Estatuto catalán ou o Plan Ibarretxe.
Pola súa parte, Carlos Aymerich lembrou que o Parlamento é o que ten que controlar a acción de Goberno e, neste sentido, defendeu o papel de fiscalización positiva que realizou o grupo parlamentar do BNG, e puxo como exemplo a Comisión de Investigación da Axente Eleitoral, á que se enfrentaron coa vontade non só de esclarecer os feitos senón tamén de procurar solucións e non sinalar co dedo quen o fai peor, solucións que verán os seus froitos, dixo, coa reforma da lei de voto emigrante e do reconto destes votos.
Asemade, Aymerich coincidiu con Lobeira no papel de impulso que teñen desenvolvido, procurando a unanimidade en cuestións de país, nas que amosamos moita xenerosidade, en alusión ao acordo acadado para o seguimento das obras do AVE e para a reforma do voto emigrante, mais rexeitando rotundamente a política de vetos que o PP tenta impor, nunha situación inédita no Parlamento, como o que ten acontecido coa renovación dos conselleiros do BNG na CRTVG.
Para o voceiro nacionalista, a actitude do BNG contrasta coas formas de actuar doutras forzas políticas, en alusión ao presidente da FEGAMP, que xustificou o decreto do IBI dos encoros en vez de saír en defensa dos intereses do País. Aquí se demostra, na súa opinión, que hai quen é deG, quen non o é e quen é simplemente Galego.
Carlos Aymerich advertiu que a lexislatura aínda non rematou, fican leis moi importantes como a de Vivenda ou Servizos Sociais por rematar a súa tramitación na Cámara, e outros asuntos pendentes do Pacto de Goberno que deben abordarse tamén no tempo que resta, como a reforma dos medios públicos e a regulación da publicidade institucional.