O BNG do Saviñao preocupase pola seca
02 abr. 2012 - 18:31

Os informes realizados por METEOGALICIA, non auguran precipitacións a curto-medio prazo, polo que existe a posibilidade real de que as reservas municipais de auga se esgoten durante o verán.
Polo que, a Asamblea Local do BNG do Saviñao, presentou a semán pasada no rexistro de entrada do Concello as seguintes preguntas dirixidas ao Alcalde:
1) Cal é a situación das reservas de auga do Saviñao?
2) Que medidas está a adoptar o Concello para aforrar auga?
3) Existe un Plan de Emerxencia para o caso de que a seca continúe?
4) Haberá restriccións de auga?
5) Hai plans para aumentar a capacidade da presa de Iglesiafeita?