O BNG DO SAVIÑAO ORGANIZOU UNHA CHARLA SOBRE OS USOS E POSIBILIDADES DOS MONTES EN MAN COMÚN
28 abr. 2007 - 22:58
Ao acto celebrado no Centro de Día de Escairón, asistiron máis de 75 persoas, entre os que se encontraban a maioría dos Presidentes e membros das directivas das Comunidades de Montes do Saviñao.
O candidato á alcandía do BNG, Xosé Manuel Rodríguez, explicou que o BNG sempre tivo clara a importancia de pór a producir os montes do Saviñao, xa que son unha gran oportunidade para relanzar a economía do Concello, non só a dos propios comuneiros
O Xefe de Servizo de Montes, Xabier Bruña, explicou aos asistentes os plans da Consellería de Medio Rural, alí contou que que a Consellería ten un orzamento para a provincia de Lugo de 15 millóns de euros, que se van invertir en poñer en valor os montes, facer plantacións de árbores, cogumelos, preparar e limpar montes . Todas estas medidas van dirixidas a fixar povoación e mellorar a calidade de vida do rural.
Bruña, ademais de explicar polo miudo a liña de axudas aberta para os Montes Veciñais en Man Común e a posibilidade de crear Montes en Man Común novos,dixo que o BNG fixo máis polo rural en ano e medio que os demais en trinta anos, e así explicou a Lei do Monte Galego na que está a traballar a Consellería, a política de prevención de incendios que están facendo con desbroces ao redor dos núcleos rurais, a posta en marcha dun Banco de Terras, etc. Ademais púxose a disposición de todos os presentes para resolverlle todas as dúbidas e así creouse un debate moi participativo ao final da charla.