En BLOQUE podemos!
09 maio 2012 - 17:17
En Bloque podemos! ese é o lema da Convención Nacional que vai celebrar o BNG o próximo domingo 13 de maio.Esta Convención Nacional celebrase co obxectivo de presentar, diante das vindeiras Eleccións Galegas, os eixos principais das nosas alternativas políticas e a Candidatura do BNG á Presidencia da Xunta de Galiza.
En Bloque Podemos quer expresar con clareza que colectivamente somos todo e podemos cambiar todo. En Bloque Podemos conquistar a Soberanía, a Democracia e o Traballo
O cambio político hoxe é imprescindíbel e necesario. E ademais posíbel, máis posíbel que nunca. Ese cambio vaino liderar o BNG. Historicamente o avanzo do BNG sempre se ten traducido no retroceso do PP.

JORQUERA NON TIRA A TOALLA, FEIJÓO SI
Os tres grandes protagonistas da Convención nacional serán Francisco Jorquera, o candidato do BNG á presidencia da Xunta, a militancia da formación nacionalista e as súas propostas e alternativas.
Montse Prado referiuse a Jorquera como un candidato serio e solvente, unha persoa que a diferenza de Feijóo non tira a toalla e ten afouteza para enfrentarse coas dificuldades e formular propostas alternativas para saírmos da crise.
Jorquera si cre no País, si ten proxecto para Galiza, non como Feijóo, resumiu a secretaria de Organización.
UNHA CONVENCIÓN CORAL
A Convención mostrará un BNG plural e diverso desde a unidade. Será unha Convención coral, con 15 intervencións, todas elas cheas de contido. Cremos nos equipos. Cremos na xente. Non é o momento de individualidades ailladas. É o momento de tirarmos xuntos, de tirarmos en Bloque, recapitulou.
Será unha Convención con propostas. O BNG si ten alternativas e propostas. Non as agacha como o PP. O PP agáchaas porque está a facer desde o Goberno xusto o contrario do que prometeu cando estaba na oposición, afirmou.