O BNG do Saviñao ven de presentar unha serie de iniciativas para a conservación e posta en valor da Capela da Guadalupe en San Vitorio de Ribas de Viño
O paso do tempo e a falta de mantemento foron causando importantes danos nesta construción que, na actualidade, atópase nun estado precario” apunta a concelleira do BNG Antía Nieves, “por esto o BNG ven de iniciar unha batería de propostas para que as institucións responsables realicen un estudo de campo minucioso e riguroso do estado de conservación da Capela da Virxe da Guadalupe, así como una diagnose sobre as intervencións necesarias para a súa conservación e posta en valor”
A Capela da Virxe de Guadalupe en San Vitorio de Ribas de Miño atópase situada no Concello do Saviñao e está recollida como un dos bens inmóbeis incluídos no expediente de catalogación da Ribeira Sacra como Ben de Interese Cultural (BIC)
“O paso do tempo e a falta de mantemento foron causando importantes danos nesta construción que, na actualidade, atópase nun estado precario” apunta a concelleira do BNG Antía Nieves, “por esto o BNG ven de iniciar unha batería de propostas para que as institucións responsables realicen un estudo de campo minucioso e riguroso do estado de conservación da Capela da Virxe da Guadalupe, así como una diagnose sobre as intervencións necesarias para a súa conservación e posta en valor”
“A singulariedade arquitectónica deste edificio do século XVIII e a súa localización na Ribeira do Miño, fan que o conxunto da Capela da Virxe da Guadalupe sexa algo único na Ribeira Sacra e como non se tomen medidas pronto os danos poden ser irreversibles. Xunta de Galiza, Concello do Saviñao e a Igrexa deben colaborar para sacar adiante este proxecto.” di Antía Nieves
Unha moción no Pleno do Saviñao que se celebrará o venres 30 de novembro, unha proposición non de lei para o debate en Comisión e unha proposición non de lei para o debate no Pleno do Parlamento son as iniciativas que levamos iniciado a este respecto.