ARRANXO XA! NON QUEREMOS REMENDOS

O BNG DO SAVIÑAO INICIA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A DEPUTACION ARRANXE A ESTRADA QUE UNE ESCAIRON CON CURRELOS

non queremos remendos
non queremos remendos
O BNG DO SAVIÑAO INICIA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A DEPUTACION ARRANXE A ESTRADA QUE UNE ESCAIRON CON CURRELOS

O BNG do Saviñao inicia hoxe unha campaña co lema de “Arranxo Xa! Non queremos remendos” para demandar o arranxo e rexeneración dos 8 km da estrada Lu-4102 entre Salcedo e Córneas que se atopan nun estado intransitable.

Esta campaña ademáis da denuncia nos medios, comprenderá tamén unha pegada de carteis, unha recollida de solicitudes a través de change.org e rematará coa presentación dunha iniciativa no Pleno da Deputación que se celebrará este mes.
A estrada LU-P-4102 ao seu paso polo Saviñao une as dúas poboacións  máis importantes do concello,  Escairón e Currelos, ademáis de ser unha estrada principal que atravesa e comunica moitos lugares do  concello.

Actualmente o seu firme atópase nun estado lamentable nun tramo aproximado de 8 km, entre Salcedo e Córneas, poñendo en perigo a seguridade dos seus usuari@s.

A gran cantidade de fochancas, buracos e desconchados deteriora os neumáticos e sistemas de amortiguación dos vehículos e afecta notablemente á seguridade na condución. O recheo das fochancas que se fai aguanta moi pouco e ten ademais un efecto negativo:a gravilla que solta.

A concelleira do BNG, Antía Nieves, asegurou “as veciñas e vecinos do Saviñao non queremos remendos que duran tres días, esta estrada é a arteria vertebral do Saviñao e merece ser tratada como tal. A Deputación ten que deixar de facer propaganda electoral e adicarse a arranxar as infraestructuras das que é responsable” ademáis “invitamos ao presidente da Deputación a que se achegue ao Saviñao a coñecer o estado da estrada, que non veña só a sacarse a foto cando a el lle convén”

"Esta é unha proba máis do abandono por parte das administracións que sufrimos @s que vivimos no interior de Galicia, que pagamos impostos igual que @s demais", polo tanto, esiximos firmemente que a Deputación de Lugo, administración competente,  arranxe canto antes unha estrada  que ten moitos usuari@s.

O BNG DO SAVIÑAO INICIA UNHA CAMPAÑA PARA QUE A DEPUTACION ARRANXE A ESTRADA QUE UNE ESCAIRON CON CURRELOS