Imprimir

O BNG do Saviñao reclama que se cubra a praza de traballador/a social concedida ao abeiro do plan concertado.

bngosavinhao | 15 de abril de 2019

servicios-sociais
servicios-sociais

Levamos unha temporada no Saviñao cos Servizos Sociais con atención ao público só un dia ou dous á semana. Un concello coa poboación tan envellecida como a do Saviñao non pode permitirse ter os Servizos Sociais parados. O volumen de traballo, a burocratización dos procedementos, etc fai necesario este reforzo.

A Xunta de Galiza publicou o 14 de febreiro, no consello da Xunta que lle concedera ao Saviñao o finanzamento para contratar un traballador ou traballadora social, hai dous meses disto e desde o Concello do Saviñao ainda non se iniciaron os trámites para poder contratar a ninguén.

Levamos unha temporada no Saviñao cos Servizos Sociais con atención ao público só un dia ou dous á semana. Un concello coa poboación tan envellecida como a do Saviñao non pode permitirse ter os Servizos Sociais parados. O volumen de traballo, a burocratización dos procedementos, etc fai necesario este reforzo.

A concelleira do BNG, Antía Nieves,  asegurou “Desde o BNG reclamamos que se inicie inmediatamente o procedemento para poder contratar un traballador ou traballadora social que reforce os Servizos Sociais do Saviñao, porque cunha poboación tan envellecida que carece de servizos como centro de día, de residencia, e donde hai máis de 161 usuarios do SAF non pode estar coa atención ao público desatendida”

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-do-savinao-reclama-cubra-praza-traballador-social-concedida-ao-abeiro-do-plan-concertado/20190415162122001065.html


© 2019 BNG do Saviñao

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal