Imprimir

O BNG do Saviñao demándalle ao alcalde que se poña a traballar para que a residencia sexa unha realidade

bngosavinhao | 24 de Marzo de 2018

residencia
residencia

Ademais o BNG pídelle a PP e PSOE que deixen a un lado os intereses partidistas e desbloqueen o proxecto de Residencia e Centro de Día.

No ano 2010, Suplusa aprobou realizar una Residencia e Centro de Día no Saviñao, pero a día de hoxe a realidade é que se comprou un terreo no 2011 e que nin o Concello do Saviñao nin Suplusa e nin a Deputación teñen interese en que este proxecto saia adiante.

A Concelleira do BNG, Antía Nieves, demandoulle ao Alcalde, no pleno celebrado o venres, “que se poña a traballar para conseguir a Residencia no Saviñao”.residencia

“Vemos que somos un concello cunha poboación cada vez máis envellecida e tanto desde a Deputación como desde a Xunta de Galiza levan anos prometendo a construcción dunha Residencia no Saviñao e por intereses partidistas non se fai nada”.

Estos días vimos como o Concello da Pobra do Brollón foi capaz de desbloquear a construcción da súa residencia, e “queremos saber que intereses hai por parte do PP e do PSOE para que non se desbloquee a Residencia do Saviñao”.

Ademais o BNG denunciou a pasividade do goberno do Partido Popular xa que nin lle reclama a construcción da residencia a Deputación nin lla reclama a Feijoo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-do-savinao-demandalle-ao-alcalde-pona-traballar-residencia-prometida-pola-deputacion-sexa-realidade/20180324120253001034.html


© 2019 BNG do Saviñao

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal