VIVENDAS SOCIAIS NO SAVIÑAO

VIVENDAS SOCIAIS NO SAVIÑAO

Para que as institucións fagan obras no noso Concello, hai que visitalas, falar cos representantes e enterarse das posibilidades que existen.

Hai máis de dous anos que a equipa de goberno nos ven falando de que teñen solicitado a construcción dunhas vivendas sociais, e que estas estaban comprometidas polo anterior goberno da Xunta.

O BNG do Saviñao, nunha recente visita ao Delegado Provincial da Consellería de Vivenda e Solo, enterouse de que na Consellería non hai nada comprometido co Concello do Saviñao, simplemente hai unha nota onde di que hai un promotor estaría disposto a construir vivendas sociais no Saviñao.

Na nosa visita a esta Delegación, informóusenos de que para que se constrúan estas vivendas no Saviñao o Concello ten que solicitalas formalmente, e poñer a disposición da Consellería os terreos necesarios que reunan as condicións pertinentes.

Sería moi positivo para O Saviñao, para os seus veciños e veciñas, ter a posibilidade de acceder a vivendas dignas, a un prezo módico e cunha financiación adecuada, por todo esto, despois de coñecer esta situación, a Asamblea Local do BNG do Saviñao, acaba de presentar unha moción no Concello para que se sigan os trámites necesarios e se solicite da Consellería de Vivenda e Solo a construcción de Vivendas Sociais en Escairón.

VIVENDAS SOCIAIS NO SAVIÑAO