O BNG DO SAVIÑAO ORGANIZOU UNHA CHARLA SOBRE OS USOS E POSIBILIDADES DOS MONTES EN MAN COMÚN

O BNG DO SAVIÑAO ORGANIZOU UNHA CHARLA SOBRE OS USOS E POSIBILIDADES DOS MONTES EN MAN COMÚN

O pasado martes día 24, o BNG de O Saviñao realizou unha charla sobre os Montes Veciñais en Man Común, neste acto, estivo presente o Xefe de Servizo de Montes da Delegación Provincial da Consellería de Medio Rural, Xabier Bruña.

Ao acto celebrado no Centro de Día de Escairón, asistiron máis de 75 persoas, entre os que se encontraban a maioría dos Presidentes e membros das directivas das Comunidades de Montes do Saviñao.

O candidato á alcandía do BNG, Xosé Manuel Rodríguez, explicou que “o BNG sempre tivo clara a importancia de pór a producir os montes do Saviñao, xa que son unha gran oportunidade para relanzar a economía do Concello, non só a dos propios comuneiros”

O Xefe de Servizo de Montes, Xabier Bruña, explicou aos asistentes os plans da Consellería de Medio Rural, alí contou que que a Consellería ten un orzamento para a provincia de Lugo de 15 millóns de euros, que se van invertir en poñer en valor os montes, facer plantacións de árbores, cogumelos, preparar e limpar montes…. Todas estas medidas van dirixidas a fixar povoación e mellorar a calidade de vida do rural.

Bruña, ademais de explicar polo miudo a liña de axudas aberta para os Montes Veciñais en Man Común e a posibilidade de crear Montes en Man Común novos,dixo que “o BNG fixo máis polo rural en ano e medio que os demais en trinta anos”, e así explicou a Lei do Monte Galego na que está a traballar a Consellería, a política de prevención de incendios que están facendo con desbroces ao redor dos núcleos rurais, a posta en marcha dun Banco de Terras, etc. Ademais púxose a disposición de todos os presentes para resolverlle todas as dúbidas e así creouse un debate moi participativo ao final da charla.

O BNG DO SAVIÑAO ORGANIZOU UNHA CHARLA SOBRE OS USOS E POSIBILIDADES DOS MONTES EN MAN COMÚN