O BNG do Saviñao reclama o mantemento do mirador do Cabo do Mundo

20181118_162401
20181118_162401

O BNG do Saviñao reclama o mantemento do mirador do Cabo do Mundo

O BNG do Saviñao reclamou no pleno celebrado o pasado venres que o Concello do Saviñao realice o mantemento  necesario no Mirador do Cabo do Mundo.

A concelleira do BNG, Antía Nieves, dixo no pleno que “non pode ser que queiramos que a xente veña coñecer o bonita que está a Ribeira Sacra en outono e despois desde o Mirador do Cabo do Mundo só se vexan acacias” o Concello debe manter as infraestructuras turísticas durante todo o ano.

" A vista desde o Cabo do Mundo é unha das máis representativas e coa que a xente recoñece ao Saviñao e á Ribeira Sacra" desde o Concello teñen que tomar medidas de forma inmediata para correxir esta situación e recuperar un dos valores medioambientais e turísticos do noso concello.