O BNG do Saviñao propón no Pleno melloras para o contrato de recollida do lixo e limpeza

contentor_o
contentor_o

Todos os veráns temos a mesma problemática co servizo de recollida de lixo e limpeza viaria: falta de limpeza, prazas e parques cheos de lixo, contentores cheos a rebosar durante días, contentores rotos...

Por todo esto o BNG do Saviñao propón as seguintes alternativas á hora de negociar o próximo contrato do lixo no ano 2019

Que se contemple o baldeo e limpeza das beirarrúas para o próximo contrato do lixo .

Que se contemple o aumento da periodicidade da recollida do lixo no rural nos meses de verán.

Que se mellore e renove a dotación de contentores en todo o Concello.

O BNG do Saviñao propón no Pleno melloras para o contrato de recollida do lixo e limpeza

Nun concello como o do Saviñao onde se duplica ou triplica a poboación nos meses de verán, onde cada vez se reciben máis visitantes que veñen a coñecer a Ribeira Sacra vemos como todos os anos temos a mesma problemática coa falta de limpeza nas rúas, parques, etc e problemas coa periodicidade de vaciado dos contentores do lixo, xa que a nas parroquias do rural ás veces pasa máis dunha semana sin que se vacíen os contentores.

Problemas de malos olores, de salubridade, de cristais nas prazas públicas, de beirarrúas cheas de herbas, de mala imaxe para as veciñas e veciños, etc

Por iso, o grupo municipal do BNG, propuxo no pleno celebrado o venres as seguintes melloras na negociación do novo contrato de Recollida do Lixo e Limpeza Viaria que toca renovar o ano que ven:

  • Que se contemple o baldeo e limpeza das beirarrúas para o próximo contrato do lixo .
  • Que se contemple o aumento da periodicidade da recollida do lixo no rural nos meses de verán.
  • Que se mellore e renove a dotación de contentores en todo o Concello.
O BNG do Saviñao propón no Pleno melloras para o contrato de recollida do lixo e limpeza