O BNG apoia as mobilizacións do sector leiteiro e chama á poboación a sumarse ás mobilizacións.

O BNG apoia as mobilizacións do sector leiteiro e chama á poboación a sumarse ás mobilizacións.

O concello do Saviñao non se entendería sen un dos seus piares económicos básicos con mais de 120 explotacións

cartaz_n O BNG de Saviñao expresou o seu apoio ao sector leiteiro galego, protagonista desde dous meses de mobilizacións polo dereito a producir e traballar obtendo uns prezos que garantan a súa subsistencia.

 A organización nacionalista chama á poboación a sumarse ás mobilizacións convocadas polo sector e participar na manifestación que terá lugar este xoves 10 ás 12:00 con saída desde a Alameda de Compostela.

Antía Nieves, “acusou ao goberno galego de deixazón de funcións e de destruír ferramentas para o diálogo entre a administración, industria, distribución e produción” co desmantelamento da mesa do leite, ausencia de mediación entre industria e produción ante a caída dos prezos en orixe e a ameaza permanente da industria de non recoller o leite.

Desde o BNG reclámanse actuacións de urxencia con “medidas de intervención no mercado para a retirada dos eventuais excedentes, garantías para a recollida da totalidade do leite das explotacións a prezos mínimos que cubran os prezos de produción, persecución e sanción se fora o caso das prácticas de “dumping” nas grandes áreas de distribución. Garantías para o cumprimento dos contratos e dos acordos entre partes e favorecer a creación dun grupo lácteo galego de base cooperativa” que aposte pola produción de derivados lácteos para xerar emprego e maior nivel de rendas.

O BNG apoia as mobilizacións do sector leiteiro e chama á poboación a sumarse ás mobilizacións.