Pontón: “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado”

Pontón: “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado”

Ana Pontón exhibe no Parlamento un exemplar do Atila en Galiza de Castelo e denuncia que as políticas de Feijóo condenan a Galiza a ser un país sen futuro
Ana Pontón mostra un exemplar do Atila en Galiza
Ana Pontón mostra un exemplar do Atila en Galiza
A viceportavoz do grupo parlamentario do BNG, Ana Pontón principio hoxe a súa intervención no Debate do Estado da Nación exhibindo na Cámara galega un exemplar do Atila en Galiza, o Segundo dos albumes de Guerra no que Castelao denunciaba a terrible represión que o “feixismo” estaba a provocar en Galiza.
Para a parlamentaria, “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado” porque a cidadanía galega, dixo, xa non atura máis as “mentiras” nin as políticas de sufrimento.
Ana Pontón criticou a “falta de exemplaridade política” do mandatario galego por manter no seu goberno ao Delgado de Ourense acusado de malversación de fondos públicos e ocultar os contratos co narcotraficante Marcial Dorado ou as empresas da Trama Gürtel.
A proposta estrela de Feijóo para rebaixar o IRPF “unha fraude”
A nacionalista tamén puxo en evidencia “a fraude” que supón a proposta “estrela” de Feijóo de rebaixar o IRPF para as rendas máis baixas.”Como moito deducirán 63 euros anuais máis se esquece de dicir que as rendas baixas seguen tributando máis que antes da chegada do PP ao Goberno”.
Pontón diríxese a Feijóo
Pontón diríxese a Feijóo
Unha medida real propuxo Pontón, sería “subirlle os impostos as rendas altas”, porque é tremendamente regresivo “subir o imposto á gasolina que pagarán por igual todos os galegos e galegas con independencia de que sexa un parado ou Amancio Ortega”.
O BNG presenta alternativas as políticas regresivas do PP
Hai alternativas, dixo, e citou como exemplo aos alcaldes do BNG que poñen ao lado dos doentes crónicos ante a “inhumana medida do copago”. “Porqué non o fai a Xunta Sr.Feijóo” interpelou Pontón.Non lles preocupa que poida haber miles de persoas que non van poder pagar os tratamentos médicos?.
Galiza non é un País pobre, senón empobrecida polas políticas “austericidas” do Partido popular que están a ter como consecuencia que “os ricos sexan máis ricos e os pobres aínda máis pobres. “Por iso, Galiza precisa ter capacidade para decidir, Soberanía real fronte ao espolio” porque a nosa “irrelevancia política está a ser mortal para o noso país”, conclúiu.
Intervención integra da viceportavoz Ana Pontón Mondelo no Debate do Estado da Nación  Parlamento galego ,17-Outubro-2013

Pontón: “Feijóo encarna a versión moderna de Atila, pero será derrotado”