O BNG do Saviñao demándalle ao concello que pida unha subvención para dotar de saneamento e beirarruas a Cimo de Vila en Escairón.

cima de vila
cima de vila
O BNG do Saviñao demándalle ao concello que pida unha subvención para dotar de saneamento e beirarruas a Cimo de Vila en Escairón.

En Escairón, concretamente na rúa Cima de Vila, preto do entorno da Praza Maior, hai un nutrido grupo de vivendas, algunhas con máis de 20 anos de antigüidade que non dispoñen de saneamento nin beirarruas, a pesar de que este chega moi preto das súas casas e a pesar de que as veciñas e veciños levan solicitado en múltiples ocasións.

O BNG do Saviñao xa levou ao Pleno celebrado o 31 de agosto, o malestar da veciñanza e xa que reclamou a dotación de saneamento para esta céntrica rúa de Escairón.

Visto que a Xunta de Galiza acaba de sacar unha liña de subvencións para dotar deste tipo de infraestructuras aos concellos de menos de 50000 habitantes, o BNG insta ao goberno municipal do Saviñao a preparar a documentación necesaria e presentar unha proposta dentro desta liña, xa que o plazo remata o 25 de febreiro (código de procedemento MT300A).

 “É tan difícil de crer que vivindo no centro urbano de Escairón, pagando IBI de máis de 800 €, estas casas carezan dun servizo tan básico e esencial en pleno século XXI” declarou a concelleira do BNG Antía Nieves

A veciñanza, cos impostos que paga, merece uns servizos dignos, por eso desde o BNG reclamamos unha solución urxente a este problema.

O BNG do Saviñao demándalle ao concello que pida unha subvención para dotar de saneamento e beirarruas a Cimo de Vila en Escairón.