O BNG SOLICITA NO PLENO O ADECENTAMENTO DA PRAZA MAIOR

praza maior_o
O BNG SOLICITA NO PLENO O ADECENTAMENTO DA PRAZA MAIOR

A Praza Maior de Escairón é lugar de reunión e esparcimento da veciñanza do noso concello. É
habitual que nela estén @s nen@s xogando, montando en bicicleta, etc.
Ultimamente o estado de limpeza da mesma deixa bastante que desexar, non recordando @s
veciñ@s a última vez que se limpou e baldeou.
Ademais, o problema da limpeza vense agrabado porque na mesma praza hai unha illa de recollida
de lixo, sendo habitual ver cristais, cartóns e ultimamente ata restos dunha obra na mesma.
Tamén, dita praza carece de mobiliario Urbano (bancos, papeleiras) e o estado da iluminación
pública tamén é deficiente.
Por todo iso, o Grupo do BNG, SOLICITA:
1. Que se proceda á limpeza e baldeo da Praza.
2. Que se retire a illa de recollida de lixo do medio da Praza e se busque unha alternativa
para a súa colocación.
3. Que se coloque algún banco, papeleira, árbore para humanizala.
4. Que se mellore o alumeado público da mesma.praza maior_o

O BNG SOLICITA NO PLENO O ADECENTAMENTO DA PRAZA MAIOR