O BNG do Saviñao lamenta a falta de previsión do PP na loita contra o lume.

O BNG do Saviñao lamenta a falta de previsión do PP na loita contra o lume.

O BNG do Saviñao critica a falta de previsión do concello á hora de poñer a funcionar as brigadas municipais contra incendios

fotonoticia_20110703103709_800Estamos en temporada de risco extremo para que se produzan incendios según o PLADIGA e os datos do IRDI facilitados pola Xunta de Galiza e o Concello do Saviñao ainda está facendo o proceso de selección para a contratación dunha Brigada de Prevención e defensa de incendios forestais.

Unha Brigada que se quedará pequena á hora de facer turnos, xa que unha Brigada formada por 1 capataz, 1 conductor e 3 peóns  non pode atender as 24 horas do día tódolos días do mes.

Para o BNG do Saviñao é inconcebible que un equipo de goberno que leva 24 anos no concello deixe para o último día a previsión da contratación da Brigada Municipal, máis, sendo o noso concello un dos concellos con máximo risco polo número de lumes que se orixinan nel cada ano.

Os incendios forestais son unha ameaza para o desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia e do Saviñao.

Para o BNG a política de defensa do medio rural contra os incendios forestais non poder ser un trámite máis, debe ser atendida como una prioridade desde o Concello do Saviñao.

O BNG do Saviñao lamenta a falta de previsión do PP na loita contra o lume.