Imprimir

O BNG do Saviñao reclama a inmediata eliminación e limpeza do vertedeiro ilegal de Currelos

bngosavinhao | 26 de setembro de 2018

currelos1
currelos1

O BNG do Saviñao  leva anos denunciando o estado de abandono e descontrol no que se atopa o vertedeiro de plásticos agrícolas situado ao carón do campo de fútbol de Currelos

“Cada poucos meses somos nós os que temos que avisar no Concello que o depósito de plásticos agrícolas de Currelos se convertíu nun vertedeiro Ilegal, que está desbordado de lixo e onde podes atopar todo tipo de residuos, rodas, vidros, electrodomésticos, etc” di a concelleira do BNG Antía Nieves, “desde o concello non se fai ningún tipo de seguimento desta instalación, eso que está situado a 300 metros do colexio e centro de saúde de Currelos, cos problemas de salubridade que esto conleva”

O BNG reclámalle ao alcalde que se poña a traballar para eliminar este tipo de vertedeiros descontrolados, “ desde o Concello deben analizar a conveniencia de facer máis puntos de recollida de plástico agrícola, ademais de buscar un sistema para que os veciños e veciñas do Saviñao poidan depositar os residuos perigosos sin ter que desplazarse ata Escairón os sábados pola mañá, este sistema actual non é operativo nin efectivo, e vista a cantidade de vertedeiros ilegais que hai esparcidos polo Saviñao desde o concello deben buscar alternativas” asegura Antía Nieves.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-do-savinao-reclama-inmediata-eliminacion-limpeza-do-vertedeiro-ilegal-currelos/20180926223813001051.html


© 2019 BNG do Saviñao

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal