Imprimir

O BNG do Saviñao reclama elaboración dun roteiro cultural baseado nos estudos sobre o patrimonio megalitico do Saviñao de Antón Fraguas

bngosavinhao | 23 de febreiro de 2019

dolmenabuime
dolmenabuime

As letras galegas do 2019 están adicadas a Antón Fraguas que foi un destacado historiador, etnógrafo, antropólogo e xeógrafo galeguista.

Antón Fraguas estivo en 1929 como membro da Sección de Prehistoria e Arqueoloxía do Seminario de Estudos Galegos en Lamaquebrada estudando as mámoas e os castros do Saviñao, publicando traballos sobre o tema.

“Vista a importancia destos estudos, e que poden ser unha oportunidade para dar a coñecer o noso patrimonio histórico e cultural e para involucrar á veciñanza na súa conservación e a xeración dun recurso turístico sostible desde o BNG do Saviñao propoñemos crear un roteiro cultural baseado nos estudos que realizou Antón Fraguas no Saviñao” di a concelleira do BNG Antía Nieves, “ademais queremos que se ofreza á veciñanza do Saviñao, aos centros de ensino e aos visitantes que o demanden a posibilidade de facer este roteiro con guías especializados que poñan en valor o noso patrimonio”

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-do-savinao-reclama-elaboracion-dun-roteiro-cultural-baseado-nos-estudos-patrimonio-megalitico-do-savinao-anton-fraguas/20190223134240001061.html


© 2020 BNG do Saviñao

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal