Imprimir

O BNG do Saviñao denuncia que hai nenos e nenas que levan máis de 15 meses esperando unha cita para o oculista

bngosavinhao | 14 de decembro de 2018

Na actualidade, as nenas e nenos do Saviñao tardan máis de 15 meses para que os citen na consulta de oftalmoloxía do Hospital Comarcal”, denuncia a concelleira do BNG Antía Nieves, “carecemos dunha cobertura básica para o desenrolo das nosas fillas e fillos, xa que detectar os problemas de visión canto antes é fundamental nestas idades”

Existe moita preocupación entre a cidadanía pola situación e perspectivas da sanidade pública, tanto do noso concello como da Área Sanitaria á que pertencemos.

Nos últimos anos estamos observando e sufrindo un deterioro dos servizos públicos, incremento das listas de espera, derivación a centros privados concertados, etc.

Todo isto acompañado e, en parte, motivado pola redución de gasto sanitario público e a redución de recursos correspondente.

“Na actualidade, as nenas e nenos do Saviñao tardan máis de 15 meses para que os citen na consulta de oftalmoloxía do Hospital Comarcal”, denuncia a concelleira do BNG Antía Nieves, “carecemos dunha cobertura básica para o desenrolo das nosas fillas e fillos, xa que detectar os problemas de visión canto antes é fundamental nestas idades”

“Desde o BNG do Saviñao cremos que son intolerábeis a falta de medios e de recursos sanitarios que se están a producir, polo que lle demandamos á Consellaría de Sanidade e ao Servizo Galego de Saúde que reforce o servizo de oftalmoloxía do Hospital Comarcal no menor tempo posible, para garantir o dereito a unha atención sanitaria imprescindible para os nosos nenos e nenas do Saviñao”

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-do-savinao-denuncia-hai-nenos-nenas-levan-mais-15-meses-esperando-cita-oculista/20181214000458001058.html


© 2019 BNG do Saviñao

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal