O BNG en contra da privatización do rexistro civil

O BNG en contra da privatización do rexistro civil

Certificados como o de nacemento ou o de defunción só se poderán obter a partir de agora en Lugo, o que obrigará a trastornos e desprazamentos á cidadanía, ademais os veciños e as veciñas terán que pagar por moitos certificados que agora son gratuítos e que se poden pedir nos concellos.

rexistroO goberno do PP no Estado español aprobou o pasado ano o Real decreto-lei 8/2014, do 4 de xullo, que leva aparellado o traspaso dos rexistros civís aos rexistros da propiedade e mercantís. Desaparece, así, un servizo público que se prestaba gratuitamente en todos os Concellos e pasan a  rexistradores privados onde se gravan cun arancel as prestacións realizadas aos usuarios e usuarias. Dese xeito, un servizo até o de agora gratuíto acabará converténdose nun de pago obrigado, o mesmo modelo privatizador de servizos públicos que o PP xa foi introducindo na sanidade ou nos servizos sociais para que as persoas usuarias sexan as que custeen os servizos.

O Rexistro Civil é un servizo público e gratuíto que que regula os datos básicos e esenciais de cada persoa (data de nacemento, defuncións e calquera outro avatar vital) e cumpre numerosas funcións que son indispensábeis para a vida diaria de calquera persoa: inscrición de nacementos, estado civil, cambio de nome ou sexo..., o que o converte nun servizo imprescindíbel. Todas as persoas precisan nangún momento expedir documentos básicos para acreditar a súa situación persoal, uns documentos que, á súa vez, son obrigatorios en moitos casos para cobrar pensión, prestacións de servizos sociais ou axudas públicas.

Alonxamento dos servizos á poboación

Ao BNG preocúpalle outro aspecto fundamental desta decisión: o alonxamento da cidadanía deste servizo. Nos Rexistros Civís hai trámites sinxelos, mais outros requiren acudir en persoa. En moitos casos moitos cidadáns e cidadás terán que facer longos e custosos desprazamentos, pois recentemente confirmouse que o Rexistro vai ser asumido unicamente por aqueles que teñen competencias mercantís. O mapa, pois, en Galiza ficaría só con rexistros na Coruña, Santiago, Lugo, Ourense e Pontevedra, fronte á actual presenza dos rexistros civís en todos os Concellos galegos.

O BNG en contra da privatización do rexistro civil